OurenseÚltima hora

Os escolares de Educación Infantil de Salesianos aprenden sobre seguridade viaria

O colexio María Auxiliadora-Salesianos acolleron hoxe, 20 de abril, a “Xornada de Educación Vial e de Protección Civil” na que participaron 225 alumnos de educación infantil de idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, o xefe territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Manuel Pardo, e a xefa territorial de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Luz Fernández, acudiron ao centro educativo e na apertura da xornada transmitiron aos escolares a importancia que teñen as emerxencias relacionadas con accidentes de tráfico e a necesidade de poñer toas as medidas posibles para a súa prevención.

Díaz Mouteira destacou a importancia da sensibilización e a educación viaria como elementos claves para previr accidentes de tráfico, sobre todo entre os máis pequenos. A delegada territorial explicou que o obxectivo desta xornada é “que os máis pequenos adquiran coñecementos sobre o que é unha vía pública, os risco que ten e a forma de comportarse na mesa para garantir a súa seguridade”.

Por isto, durante esta acción formativa analizáronse os principios prácticos de seguridade viaria, como son as normas de circulación ou os sinais de tráfico, e tamén se realizaron actividades didácticas cun circuíto instalado no polideportivo, así como unha exposición de vehículos de bombeiros, protección civil e Guardia Civil. “Así conseguiremos que os máis pequenos teñan unha mobilidade moito máis sostible e destreza no seu comportamento como peóns ou futuros condutores”, indicou Marisol Díaz.

Artigos relacionados

Back to top button