OurenseÚltima hora

Os escolares ourensáns gozan do teatro de rúa con contos de Casares

Os rapaces dos colexios CEIP Vistahermosa, CEIP Virxe e Covadonga e CPR A Purísima asistiron hoxe, 15 de maio, a un espectáculo na praza de San Martiño co gallo da celebración do Día das Letras Galegas. Os escolares gozaron de “Cocorocó”, un espectáculo de narración oral e de teatro actoral sobra algúns contos e personaxes de Carlos Casares, interpretado pola actriz e contacontos, Raquel Queizás. No acto tamén estivo a concelleira de Cultura, Belén Iglesias. 

Pero, antes do espectáculo, os representantes dos distintos centros asistentes fixeron unha lectura dalgúns textos de Carlos Casares e, posteriormente, fíxose a entrega dun agasallo á autora do microrrelato seleccionado dentro do V Cenrtame de Microrrelato online que este ano tiña o lema “Aconteceu en Ourense”. A gañadora foi Paula Villa Rey, de 5º de Educación Primaria do CEIP Virxe de Covadonga, polo seu microrrelato titulado “A Princesiña do Ceo Infinito”, que foi seleccionado polo xurado: a escritora e xornalista María Solar.

Con este certame pretendemos fomentar o uso do galego utilizando as novas tecnoloxías como ferramenta de traballo e escritura así como potenciar a capacidade creativa dos escolares ourensáns a través dunha fórmula orixinal e participativa.

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button