EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticulturaXVIII Feira do Viño Valdeorras

Os expertos valoran os viños da feira valdeorresa

O panel da Cata oficial da XVIII Feira do Viño de Valdeorras vén de seleccionar aos sete mellores caldos deste certame

Coa cata oficial da XVIII Feira do Viño de Valdeorras abríase o programa deste certame que se desenvolverá os días 11 e 12 de xullo na praza de Viloira (O Barco). Presentábanse un total de 34 marcas que foron valoradas por un panel de 10 profesionais.

O concurso incluía unha pre-cata, celebrada na tarde do 9 de xullo na que se escollían unha serie de viños que pasaban á cata final, celebrada o 10 de xullo, decisiva á hora de entregar os galardóns desta edición (tres premios en brancos, outros tantos en tintos e unha mención a outras añadas). Malia que a decisión xa está tomada, o nome dos galardoados non se coñecerá ata o acto da entrega de premios, que terá lugar o 12 de xullo ás 13h. no recinto feiral.

De seguido, desenvolverase unha cata popular da que formarán parte os viños da feira, na que participan 16 adegas amparadas polo CRDO Valdeorras, e que será dirixida pola sumiller Mercedes González.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button