DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os infantís do C.D. Barco suman o seu primeiro punto na 2ª fase da Copa Deputación

Co empate 3-3 remataba o encontro disputado no Campiño de Viloira contra A.D. Bosco

Despois de rematar a liga regular no noveno posto da clasifiación, o equipo infantil do Centro de Deportes Barco comezaba na mañá do 18 de marzo, a segunda fase da Copa Deputación. E facíao en casa, no Campiño de Viloira, fronte á A.D. Bosco nun encontro que remataba co empate a 3 goles e o reparto de puntos.

Eric adiantaba aos barquense co primeiro gol do encontro no minuto 13 e apenas cinco minutos máis tarde Adrián igualaba o marcador. Sería de novo Eric quen adiantaba ao equipo de Paco Paradelo co segundo gol local no minuto 30 e de novo empataban os do Bosco, rematando a primeira parte co 2-2 no marcador.

Tralo paso polo vestiario, os vermellos volvían coller a dianteira grazas ao gol de Gorka, e unha vez máis os ourensáns empataban co terceiro e último gol do partido, no minuto 79.

Con este resultado, os barquenses sitúanse no 5º posto da clasificación. O próximo partido será o 25 de marzo no campo da AD Ourense, último clasificado.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button