Despois do terceiro posto na fase de clasificatoria, os infantís do C.D. Rúa están inmersos na loita polo título de liga. Un play off que non comezaba ben para os rueses.
Perdían 3-1 no campo do C.F. Monforte e unha semana despois volvían caer, desta volta no campo do Aguillón por 1 gol a 3 contra o C.D. Velle. O partido, disputado na mañá do 16 de decembro complicábase para os locais xa dende o principio, sendo os visitantes os que se adiantaban no marcador no minuto 18 da primeira parte, volvendo marcar no 29′ e no 47′. Os rapaces de Luis María Ferrer reaccionaron anotando no minuto 51, sen tempo xa para máis.
O seguinte partido será o 6 de xaneiro, Día de Reis, no campo do Pabellón CF “B”.
O mesmo resultado colleitaba o equipo xuvenil do Rúa, perdendo 2-0 contra Antela CF e 1-2 contra S.D. Chantada.
As imaxes da galería corresponden ao partido da categoría infantil.
Foto: Mónica G. Bellver.