ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Os Íñigos conquistan a noite trivesa

Actuaban no marco da IX Mostra de Patrimonio Inmaterial nunha concurrida praza Doutor Paz

A música protagonizaba a tarde e a noite do 12 de agosto en Trives. O programa da IX Mostra de Patrimonio Inmaterial, que promove a Asociación Cultural A Caniceira, inclúa dúas propostas ben diferentes. Por unha banda, pasadas as seis e media da tarde Paco Cossío participaba unha edición máis nesta cita cultura, desta volta cun concerto de instrumentos medievais na praza Doutor Paz.

Sobre ese mesmo escenario actuaban, pero xa ás once da noite, os membros da banda do oriente ourensán Os Íñigos que enchían de ritmo a noite e facían bailar e cantar ás numerosas persoas que enchían a praza. Este grupo caracterízase por facer versións de coñecidos temas de décadas atrás.

Os triveses gozaban dunha animada velada de verán á que algunhas pandillas se sumaban á festa disfrazadas. Os actos da mostra trivesa continuarán ao longo da xornada do 13 de agosto co mercado de artesanía, sesión vermú coas Macizas Centrais, o Entroido de Verán pola tarde e o concerto de Son do Sil.

Fotos: AC A Caniceira.

Artigos relacionados

Back to top button