OurenseÚltima hora

Os libros saen á rúa en Ourense

Os libreiros celebraban o 31 de marzo o Día Interancional do Libro Infantil
Numeroso público visitaba os expositores das librerías no centro de Ourense.
Numeroso público visitaba os expositores das librerías no centro de Ourense.

Unha decena de librerías ourensás tomaban as rúas do centro de Ourense con motivo da conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil o 31 de marzo. Así podían percorrerse os stands de Librería Universitaria Kathedra, Librería Malleira, Librería Zampacontos, Librería Internacional, Librería A Nova, Librería Padre Feijóo, Librería CYC e do Sindicato do Cómic.

Ao longo da xornada, que tivo unha gran presenza de público, estes establecementos aplicaban un 10% de desconto en todos os libros vendidos. “Estase vendendo de todo e moi variado, se ben ao largo longo do día estase notando o tirón do personaxe de Pepa Pig, que xa destaca polas ventas dende as pasadas festas navideñas; logo séguenlle os libros animados”, comentaba José Manuel García Mosquera, presidente da Agrupación Provincial de Libreiros de Ourense.

Os libreiros ourensáns saían á rúa con motivo do Día Internacional do Libro Infantil.
Os libreiros ourensáns saían á rúa con motivo do Día Internacional do Libro Infantil.

Pola súa banda, a presidenta do sector a nivel autonómico, Pilar Rodríguez, “o gran sacrificio que supón montar unha xornada como ésta, xa que hai que trasladar os libros ata aquí, colocalos e logo volver a desmontar”.

Artigos relacionados

Back to top button