CulturaEducaciónÚltima hora

Os mellores chefs “junior” danse cita en Celanova

Entre as receitas houbo bolos preñados ou galipizzas con queixo de Entrimo.

Os mellores chefs “junior” de Celanova déronse cita hoxe, 4 de xullo, na primeira xornada do “III Celanova Chef”, que durará até o día 6. Este obradoiro de cociña para nenos está organizado pola Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova. Desta volta, nestas tres xornadas, que se repetirán os días 11 e 13 de xullo.

Este curso está destinado para rapaces de entre 6 e 14 anos interesados en aprender a cociñar e coñecer os produtos do mercado. A primeira receita que elaboraron foi a de barquillos con tulipas ( que servirán para acompañar con froita ou xeado), bolos preñados ( con chourizo do Xurés), trenzas e formas variadas con pan de aceite de oliva.

A segunda receita foi a das “galipizzas” con queixo da montaña de Entrimo, chourizo, xamón, olivas e pasta fresca.

De sobremesa, fixeron galletas, granizados, algodón doce e bombóns de pataca fritida. Todo isto estivo dirixido baixo as ordes do cociñeiro Martín Álvarez González.

O cociñeiro Martín Álvarez González dirixiu o obradoiro.

Artigos relacionados

Back to top button