OurenseÚltima hora

Os mozos ourensáns poderán concorrer cos seus talentos no “Youth Talent 2017”

Sofía Godoy, Jesús Vázquez e José Antonio Viñas.

A Concellería de Xuventude do Concello de Ourense e Queixumes dos Pinos organizan unha nova actividade, na que mozas e mozos de Ourense de entre 12 e 35 anos poderán mostrar todo o seu talento artístico. Será o Festival de Novos Talentos Youth Talent 2017, “unha forma fantástica de estimular a creatividade na mocidade, pero tamén de servir como plataforma para a visualización dun talento”, dixo o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

A concelleira de Xuventude, Sofía Godoy, e o director de Queixumes dos Pinos, José Antonio Viñas presentaron hoxe, 25 de abril,  xunto ao rexedor esta actividade. O período de inscripción está aberto até o 5 de maio, na Concellería de Xuventude (xuventude@ourense.es) e en Queixumes dos Pinos. As persoas que se apunten participarán os días 13 e 14 de maio nunha selección, que terá como escenario o Espazo Lusquiños para a Mocidade, no cal 3 persoas do ámbito do espectáculo valorarán as actuacións de canto, música, danza, maxia, teatro ou calquera actividade escénica.

De entre todos os presentados, seleccionaranse 12 actuacións que pasarán á gala final que se celebrará o 11 de xuño no centro cultural Local de Queixumes dos Pinos (na rúa Nosa Señora da Saínza de Ourense). Nesa final haberá un xurado formado por 5 persoas do ámbito do espectáculo que avaliarán as actuacións para elixir os tres primeiros postos. Eses tres primeiros terán un trofeo e xestionarase a súa presenza nun programa da TVG. O primeiro dos tres participará no programa Multiculturas 2017 de Lloret de Mar en xullo.

Artigos relacionados

Back to top button