ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Os nenos conquistan a praza de Petín coa súa graza e talento

Preto de vintecinco cativos participaron no festival celebrado na noite do 18 de agosto

A boa acollida que tivo a iniciativa o ano pasado, daba folgos á organización para preparar unha segunda edición do festival infantil que na noite do 18 de agosto encheu de xente, ledicia e música a praza de Petín. Así o aseguraba a presentadora, antes de dar paso ao desfile no que uns 25 cativos de idades comprendidas entre o 1 e os 12 anos, amosaban, diante dun entusiasmado público, os seus disfraces. Había romanos, súper heroes, bailarinas, soldados en son de paz, rockeiros (algún elaborou el mesmo parte da indumentaria), animais de todo tipo,… Un a un e tamén en grupos, os nenos destilaban talento e arte pola pasarela.

Despois tócaballe o turno ao desfile de camisetas customizadas polos propios nenos (axudados polos familiares) nos obradoiros celebrados nas últimas semanas polos mesmos organizadores do evento: nais e pais de Petín coa colaboración do Concello e veciños do pobo que, de forma desinteresada botaron unha man para que todo saíse á perfección.

E entre desfile e desfile, bailes con fermosas coreografías, cancións en galego “en homenaxe aos avós que sempre están aí axudando e coidando dos netos” e mesmo unha exhibición de zumba co pegadizo baile do tema “Despacito”.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button