EconomíaEconomíaÚltima hora

Os nenos do Barco aprenden a cociñar da man do CCA

Despois de colocarse os mandís e de atender ás explicacións das cociñeiras, unha trintena de nenos barquenses tomaban as espumadeiras e comezaban a remover os ingredientes dunha paella xigante. Eran os participantes de “Hoxe cociñamos nós”, un obradoiro de cociña infantil promovido polo Barco CCA, que comezaba cun notable éxito de participación ás seis da tarde do 16 de xullo no Paseo do Malecón.

Tras preparar a paella os rapaces colaboraron para servila entre o público presente e despois degustaron o resultado do seu traballo.

O vindeiro 23 de xullo a partires das 18h. no Paseo do Malecón do Barco (na zona situada nas proximidades do Casino) terá lugar o segundo obradoiro de cociña infantil do CCA.

Fotos: Ángeles Rodríguez

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button