CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Os nenos do CEIP Virxe do Carme de Sober, finalistas nun concurso de contos nacional

Os resultados do certame “Un juguete, una ilusión” daranse a coñecer o 9 de decembro
Alumnos do CEIP Virxe do Carme de Sober./ Foto: Concello de Sober.
Alumnos do CEIP Virxe do Carme de Sober./ Foto: Concello de Sober.

Os alumnos 1º e 2º de primaria do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober veñen de ser seleccionados como un dos cinco finalistas a nivel nacional do concurso de contos “Un juguete, una ilusión”. O traballo presentado polos nenos soberinos titúlase “Todos contra el cambio climático”. O conto tivo un labor previo de investigación nas redes sobre o cambio climático e as súas consecuencias e despois os nenos inventaron o conto, redactárono e ilustrárono.

Amais do voto do xurado, os concursantes precisan dos votos de todos aqueles que queiran apoialos. Por iso, desde o Concello de Sober “anímase a todos os veciños e veciñas a entrar na páxina www.unjugueteunailusion.com/concurso-de-cuentos/ para trasladar o seu apoio aos nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme”, tal e como se indica dende esta entidade local. Para poder emitir o voto hai que despregar o menú Cuentos finalistas primer ciclo e votar polo CEIP Plurilingüe Virxe do Carme. Pódese facer unha vez por dispositivo (tablet, móbil, pc).

Asemade o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, agradece o traballo dos alumnos/as e dos seus mestres que “co seu bo facer levan o nome de Sober por todo o territorio nacional”. O 9 de decembro coñeceranse os gañadores deste certame.

Artigos relacionados

Back to top button