En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Recital de maxia na praza do Concello do Barco

A campaña “Escaparates Máxicos” do Barco Centro Comercial Aberto concluía cunha gala final na tarde do 21 de xullo

Os máis pequenos convertíanse nos principais protagonistas da gala coa que se poñía fin á exitosa campaña “Escaparates Máxicos” que organizaba O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) do 19 ao 21 de xullo. Tras realizar un circuíto con diversos espectáculos da man de Txema Gicó Mago por ata vinte establecementos da vila, ás oito e media da tarde do 21 de xunto tiña lugar unha actuación final na praza do Concello. Nela o mago facía un repaso polos diferentes trucos realizados en cada comercio, pero tamén introducía outros novos sempre coa colaboración do público e, en especial, dos nenos.

A gala, de hora e media de duración, concluía cun sorteo entre as papeletas que se ían depositando na urna situada ao pé do escenario. A presidenta do CCA, Sandra Moldes, recollíaa no remate da actuación e un dos rapaces sacaba a papeleta ganadora dun vale de compra por valor de 100 euros en calquera dos establecementos do CCA.

Fotos: Ángeles Rodríguez
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button