DeportesÚltima hora

Os ourensáns que conquistaron o Campionato de España de Salsa Cuban Style

Joel Cruz Cadaya e Ada María Rúa Cid acadaron o primeiro posto na competición que se celebrou esta pasada fin de semana en Valencia
Joel Cruz e Ada María Cid.

A Parella de baile ourensá integrada por Joel Cruz Cadaya e Ada María Rúa Cid acaban de ser proclamados Campións de España Junior de Salsa Cuban Style no Campionato de España de Baile Deportivo Latino celebrados esta fin de semana na Eliana, Valencia. Con 15 anos, era a primeira vez que se presentaban ao campionato nacional e conseguiron o primeiro posto nese estilo. Ao seu palmarés hai que sumarlle tamén o Subcampionato Absoluto Junior dos catro bailes caribeños (Salsa Portorriqueña, Merengue, Bachata e Salsa Cuban Style).

O Campionato celebrouse en Valencia.

Esta parella de baile, que contou co patrocinio de Termatalia e a colaboración doutras empresas ourensás, pertencen ao Club Deportivo Moovet. O seu adestrador, Juan Manuel Fernández Nóvoa, é o único instrutor federado da provincia nos catro bailes caribeños, título avalado pola Federación Española de Baile Deportivo, Centro Superior de Deportes e Comité Olímpico Español.

Este campionato contou coa participación de máis de 2.400 deportistas entre os que tamén estaban numerosas parellas do resto de provincias galegas que acadaron distintos premios.

Back to top button