Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

Os populares do oriente ourensán, tamén en Arnoia

Alcaldes e representantes do leste da provincia respaldan a Díaz Mouteira e a Feijóo na presentación da candidatura ás eleccións galegas

O Partido Popular de Ourense concentrou esta mañá no entorno do Balneario de Arnoia aos principais líderes da formación de todos os puntos da provincia. Entre eles tamén figuraban alcaldes e representantes da parte máis oriental. Proba disto foi a presenza de Juan Anta (alcalde de A Veiga), José María Lago (alcalde de A Gudiña), ou Salvador Fernández (edil en Manzaneda) que se desprazaron até esta pequena vila para mostrar o seu apoio á candidatura do PP ás eleccións galegas.

A boa sintonía deixouse ver entre eles, tanto coa cabeza de lista por Ourense, Marisol Díaz Mouteira, coma co candidato á presidencia da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cos que se deixaron retratar pola prensa tras o acto de presentación da candidatura. Tamén os acompañaba o barquense Moisés Blanco, que vai nas listas por Ourense co número oito.

Texto: Sara Fontenla
Fotos: Carlos G. Hervella

Máis información e fotos:
https://osil.info/presentase-candidatura-pp-por-ourense-eleccions-galegas/

Artigos relacionados

Back to top button