PolíticaÚltima hora

Os PP de Ourense pedirá no Parlamento de Galicia axudas aos viticultores afectados

Os populares manifestaron a súa preocupación ante a baixa contratación de seguros agrarios por parte dos afectados
Carlos Gómez, Moisés Blanco, José González e César Fernández. // Foto: Carlos Asensio.

Os deputados populares pola provincia no Parlamento de Galicia, Carlos Gómez, Moisés Blanco, José González e César Fernández; presentaron hoxe, 11 de maio, unha proposición non de lei que elevarán á cámara galega para solicitar un paquete de medidas de axuda aos viticultores afectados polas xeadas.

Xa que, segundo cifrou Moisés Blanco, a Denominación de Orixe Monterrei foi a máis afectada, cun 90% da colleita. Seguida de Valdeorras, “en torno a un 60-70%”, dixo, e por último as do Ribeiro e a Ribeira Sacra, que se viron afectadas nun 30% e un 20, respectivamente. “Somos conscientes das consecuencias e da magnitude da catástrofe”, aseverou o deputado.

Tendo en conta estas cifras, o deputado ,José González, explicou que as súas propostas de axuda estarían diversificadas en tres tipos “inmediatas, para facer fronte aos danos e medidas futuras”. Así, as primeiras serían a través “do apoio técnico da Xunta”, é dicir, que se incentive a repoda “como está a facer Medio Rural a través de Evega”, dixo o deputado popular.

En canto a facer fronte aos danos, pedirán que se solicite a calidade de fenómeno climático adverso. “Temos unha clara preocupación pola actividade económica”, asegurou José González, e por iso con esta declaración poderán ter cobertura legal, bonificacións fiscais e na Seguridade Social “tanto nos anos 2017 como 2018, xa quen aínda que se recuperen non será suficiente nun ano”, explicou, así como facer convenios coas entidades bancarias “públicas e privadas” para que dean créditos brandos. E para o futuro, será o incentivo dos seguros agrarios: “estamos vendo que hai un índice de contratación de seguros agrarios moi baixo, ao redor do 20%”, explicou o parlamentario José González. Os populares manifestaron a súa preocupación neste aspecto xa que a Xunta, dixeron, investiu 4,6 millóns de euros de incentivos de seguros agrarios.

Os populares achacan este fenómeno de non asegurar ás plantacións “á falta de información e a que, en moitas ocasións, as aseguradoras non se adaptan á realidade do rural galego”, dixo César González.

Texto: Carlos Asensio.

 

Artigos relacionados

Back to top button