ConcellosÚltima hora

Os praceiros do Barco celebran o seu día o 28 de maio

Imaxe de postos da praza de Abastos do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Imaxe de postos da praza de Abastos do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Cunha agradable sorpresa se recibirá ás persoas que visiten o 28 de maio á Praza de Abastos do Barco. Con motivo da celebración do programa “Quere o teu mercado”, os postos desta zona comercial situada no centro da vila cederán unha serie de produtos que se elaborarán diversos pinchos para agasallar aos clientes que visiten a praza nese día.

Detalle do cartaz desta iniciativa.
Detalle do cartaz desta iniciativa.

En concreto esta degustación (organizada polos praceiros en colaboración coa Concellería de Promoción Económica, Turismo, Comercio e Consumo) está prevista entre as 12h. e as 13:30h.

Artigos relacionados

Back to top button