CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Os “Proles e contras” do grupo de teatro do IES Martaguisela conquista ao público

A obra, representada no Teatro Lauro Olmo do Barco, trata o tema das inxustizas e dos desaucios

Despois de moitos ensaios dirixidos pola profesora Marta Cortés, por fin chegaba o momento. Na tarde do mércores 28 de xuño e segundo o previsto, o grupo de teatro do IES Martaguisela subíase ao escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras para estrear a súa última obra: “Proles e contras”.

Coa intención de suicidarse do protagonista, arranca esta historia en galego da obra homónima de Tahiche Rodríguez, que trae a escena a traxedia dun home que perde o seu traballo. Deprimido, sen traballo, desauciado, abandonado pola sociedade e invisible para os seus semellantes, dirímese entre rematar coa súa penosa existencia ou resistir a unha vida sen dignidade e sen esperar axuda de ninguén.

Nun teatro cheo, unha vez máis este grupo de xoves afeccionados conquistou ao público cunha coidada posta en escena dunha obra  que defende a postura do teatro como elemento válido de crítica ante determinadas inxustizas, porque, como di un dos personaxe: cando os políticos fan teatro o teatro ten que facer política.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button