ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Os romanos conquistan Xinzo

O paso do río Lethes por parte das tropas de Décimo Xuño Bruto centra a Festa do Esquecemento

Na tarde do domingo 24 de agosto, tiña lugar o acto central da festa histórica do Esquecemento en Xinzo de Limia: o paso do río Lethes por parte das tropas de Décimo Xuño Bruto.

As tropas chegaban en torno ás 17:30h. situándose na beira esquera do río Lethes/Limia para comezar a recreación histórica, mentres centos de persoas ateigaban ámbalas dúas marxes, para non perder detalle.

Logo de que o comandante animara ás súas tropas, co estandarte no alto cruzaba o río en primeiro lugar, chamando aos soldados un por un para demostrarlles que en contra do que contaba a lenda, non perdera a memoria. Tras el cruzaba a lexión enteira, ata chegar á outra beira onde os esperaban as topas castrexas que oporían resitencia, comenzando a mítica batalla entre os romanos e as tribus locais que acababan perdendo trala morte do seu líder.

Trala vitoria dos romanos, Décimo Xuño era coroado rei da Gallaecia, ao tempo que un corifeo de prato se erguía ao redor do defunto xefe da tribu castrexa.

A festa continuaba co desfile de ámbolos dous bandos ata o campamento coa loita de gladiadores na praza Maior.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button