PolíticaÚltima hora

Os socialistas barquenses rexeitan “un goberno do PP” no Estado

Así o facían público en nota de prensa, tras unha xuntanza extraordinaria da agrupación local deste partido no Barco

psoe

A agrupación local do PSdeG-PSOE do Barco reuníase en asemblea o 17 de outubro na sede do partido na vila. Nesta xuntanza extraordinaria os seus membros tomaban por unanimidade o seguinte acordo: “solicitar que o Comité Federal do Partido Socialista tome o acordo de rexeitar un Goberno do Partido Popular cos votos socialistas no debate de investidura”, tal e como facían público a través dunha nota de prensa.

Tamén decidían solicitar que o citado comité “lles esixa aos cargos da provincia, tanto representantes no Comité Federal coma aos demais cargos que vaian intervir nesa decisión, que defendan que, nin por acción nin por omisión, se favoreza un goberno do PP”.

Artigos relacionados

Back to top button