CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Os “Soños” do grupo de teatro do IES Martaguisela, no Barco

A representación tiña lugar na tarde do 29 de abril no Teatro Lauro Olmo

María Adrián, Aida Alcántara, Patricia Cao, Alba Fernández, Ana Cao, Saúl Chimeno, Jorge Simón, Lucía Álvarez, Brayan Arreaga e David Gómez, forman o grupo de teatro do IES Martaguisela do Barco, que na tarde do 29 de abril poñían en escena a obra “Soños”, dirixida pola profesora Marta Cortés.

Como xa fixeran no ano 2014, nesta adaptación da obra de Maxi de Diego “Ya no estás… once sueños y un despertar sobresaltado”, retomaron o tema da adolescencia a través dos soños. “Os medos, as frustacións, as ilusións e soños conxúganse coa reivindicación de valores sociais en dez textos breves pero moi intensos” explica a profesora que dirixe o grupo, engadindo que lles produciu especial emoción “a lectura e os ensaios do texto que fala da realidade de dous adolescentes nun campo de refuxiados, podería ser calquera campo, dous rapaces calquera deses os que estamos tan afeitos a ver nos telexornais diarios”.

Numeroso público asistía a representación no Teatro Lauro Olmo, que serviu tamén recadar un donativo voluntario para axudar no posible a algunhas destas persoas que tiveron a desgracia de nacer no lugar equivocado.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button