EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os sumilleres de Gallaecia catan 80 viños na D.O. Ribeira Sacra

Na cata, celebrada na sede do consello regulador, participaban tamén catro membros da Asociación de Sumilleres de Zamora
Catadores participantes na cata de Gallaecia celebrada no CRDO Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos./ Foto cedida por Cepas y Vinos.
Catadores participantes na cata de Gallaecia celebrada no CRDO Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos./ Foto cedida por Cepas y Vinos.

Tras pasar por Monterrei e polo Ribeiro, a Asociación de Sumilleres de Galicia “Gallaecia” desprazábase o 18 de xullo á sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe da Ribeira Sacra, en Monforte de Lemos. Alí, un total de 19 catadores desta entidade valoraban 20 viños brancos e 60 tintos. Nesta cata, na que se selecciona os caldos que pasarán á final do certame e que polo tanto optarán as distincións, uníanse aos sumilleres galegos catro membros da Asociación de Sumilleres de Zamora.

Os catadores resaltaba a alta calidade dos viños tintos da colleita 2015 e desfrutaban comprobando “a enorme diversidade dos diferentes viños procedentes das cinco subzonas. Desde os viños máis redondos ata os máis frescos e afiados, onde a mencía xa non é a única protagonista e déixase acompañar pola aromática merenzao ou pola poderosa brancellao”, aseguran dende Gallaecia.

Esta asociación conta cun cento de profesionales de toda Galicia e outorga as “Distinciones Gallaecia” dende hai xa 18 anos. Estes premios posúen o marchamo de Concurso Oficialmente Reconocido por el Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente de España, ostentando o récord de participación de marcas neste tipo de concursos de ámbito autonómico.

Artigos relacionados

Back to top button