EconomíaEconomíaÚltima hora

Os técnicos de prevención de lumes forestais da Xunta reclaman máis formación

Aseguran que o plan da Consellería de Medio Rural está “ancorado nos anos 90” e que os lumes actuais teñen unha tipoloxía diferente e están desestacionalizados
Membros do Comité de Empresa do SPDCIF. // Foto: Carlos Asensio.

Os Comité de traballadores do Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais (SPCIF), pertencente á Consellería do Medio Rural, reclaman unha actualización no sistema de prevención de incendios en Galicia “que está ancorado nos anos 90”, asegurou hoxe, 22 de novembro, en rolda de prensa o director do Comité, Óscar Rodríguez, reiterando que os lumes están desestacionalizados e teñen unha tipoloxía diferente.

Neste eido aseguran que na actualidade “enfrontámonos a novos tipos de lume, máis virulentos”, dixo, motivados, en gran parte, “polo abandono do rural e a meteoroloxía”. Eses novos lumes, explicou o delegado de Comisións Obreiras do Comité, Raúl Vázquez, son “de cuarta xeración de interface”, isto quere dicir que “afectan a bens humanos e materiais”, é dicir, o lume “vai cara ás casas e non ao contrario, como pasaba antes”, explicou. Por este motivo reclaman máis formación en materia de prevención e continxencia e para o risco dos bens humanos, así como un cambio na organización “cun mando único” xa que o que fai a Xunta, reiteraron, “é actuar dende a improvisación, empregando as brigadas locais e non nos teñen en conta aos técnicos”, dixo Óscar Rodríguez.

No eido da política de contratación, amosaron o seu malestar xa que “non se cobren as prazas baleiras na provincia coa maior carga de lumes de todo o Estado” en concreto, “hai máis de 80 prazas sen cubrir”. Todo isto súmase, resaltou Óscar Rodríguez, á substitución do persoal das casetas de vixilancia por cámaras automáticas. “Eses medios mecánicos non poden dicir de que característica é o lume ou a magnitude do mesmo, e un técnico nunha torreta de vixilancia resulta moito máis efectivo”, recalcou o delegado de CC.OO., Raúl Vázquez.

Texto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button