A Federación Galega de Municipios e Provincias e a Asociación Galega de Xestores Deportivos celebraron hoxe en Santiago de Compostela a xornada “Xestión deportiva para pequenos e medianos municipios”. Este evento formativo celebrouse na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e estivo dirixido a técnicos locais e edís das áreas de deporte. A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, participou hoxe, 21 de abirl, na clausura desta xornada.
Este evento tivo como principais obxectivos analizar as ferramentas das que dispoñen os concellos en materia deportiva, estudar os instrumentos de planificación e xestión que poidan mellorar ditos servizos e coñecer polo miúdo as alternativas de futuro da xestión deportiva local.
En canto ao transcurso da xornada, catro voces expertas na materia presentaron os seus relatorios. A maiores, e coa intención de favorecer a participación dos asistentes, o presidente da Fegamp, Alfredo García Rodríguez, moderou unha mesa redonda na que se falou sobre a problemática dos servizos deportivos municipais e as súas posibles solucións.