ConcellosÚltima hora

Os veciños de Vilardevós inician o proceso para as alfombras do Corpus

A festa na honra ao Santísimo celebrarase o vindeiro 29 de maio
Unha mostra das alfombras florais que protagonizan o Corpus Christi de Vilardevós.
Unha mostra das alfombras florais que protagonizan o Corpus Christi de Vilardevós.

A un mes vista, os veciños do Concello de Vilardevós póñense mans á obra para ter todo listo de cara á celebración do Corpus Christi, que xa ten data: será o vindeiro 29 de maio. Estos días comezan o proceso para a creación das vistosas alfombras de flores, moi típicas nesta festa relixiosa, e para iso requírese unha primeira fase de recolección de plantas.

O Corpus Christi celebrarase o vindeiro 29 de maio.
O Corpus Christi celebrarase o vindeiro 29 de maio.

Segundo indican, nesta celebración involúcranse veciños de todas as idades, dirixidos por aqueles máis maiores. Son as tradicións as que se preservan con labores comunitarios coma este. Deste xeito, as mulleres de avanzada idade son as encargadas de transmitir o segredo da confección das alfombras florais.

Nesta primeira fase de recolección de plantas e esfolle de flores, os participantes buscan principalmente follas de pino e mimosas, pois son algunhas das plantas máis empregadas para marcar contornos e realzar fondos. Os pétalos destínanse ao motivo central da alfombra, xa que son os elementos máis vistosos. Completan estas obras elementos coma o serrín ou a viruta de madeira.

En canto á programación do día festivo, está previsto que se celebre unha misa ás 12:00 horas na igrexa parroquial de Vilardevós. Logo, desenvolverase a procesión que recorrerá as rúas da localidade e durante a cal, os participantes poderán contemplar a maxestuosiade das alfombras que se inician agora cun proceso que se prolongará durante todo o mes de maio.

Artigos relacionados

Back to top button