Galerías de fotosÚltima hora

Os VII Cantos de taberna de Taberna de Trives, en imaxes

Na tardiña e na noite do 11 de agosto as rúas e os locais de hostalaría triveses enchíanse de música. Media ducia de grupos tocaban de local en local no marco da celebración dos VII Cantos de Taberna. Xuntábanse ás oito da tarde na praza do Pilón e, dende alí, cada grupo iniciaba un traxecto festivo polas doce tabernas participantes nesta edición: Ardora, Boliche, Cantina do 4, Manolo’s, Quintela, Sky, Bodegón, Cafeto, Casanova, Paíño, San Martín e Troula.

Arredor da medianoite os grupos xuntábanse nunha foliada na praza do Reloxo para rematar a festa.

Fotos cedidas pola A.C. A Caniceira

Máis información:
https://osil.info/foliada-baile-broche-dos-vii-cantos-de-taberna-trives/

Artigos relacionados

Back to top button