EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños de Monterrei, no Gastrofórum 2016

Esta D.O. ourensá acudirá a este foro que se celebrará en Santiago os días 9 e 10 de maio
O director técnico da D.O. Monterrei, MIguel Ángel López, durante unha feira sectorial.
O director técnico da D.O. Monterrei, MIguel Ángel López, durante unha feira sectorial.

Entre as denominacións de orixe presentes no I Foro Gastronómico do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), Gastrofórum 2016, estará Monterrei. Este evento terá lugar os días 9 e 10 de maio en Santiago de Compostela. Neste marco, e baixo o título “D.O. Monterrei unha viaxe á orixe do Viño”, o director técnico deste consello, Miguel Ángel López Núñez, realizará unha cata con catro viños elaborados nesta zona vinícola.

Deste xeito os asistentes a esta proposta poderán coñecer dous brancos, todos eles xoves, e dous tintos, un xove e outro con envellecemento en barrica. Asemade no decurso desta cata o director técnico da D.O. Monterrei explicará as especificidades deste territorio vitivinícola, o seu microclima, variedade de solos e tipos de uva.

Este I Foro Gastronómico contará ademais coa asistencia de recoñecidos cociñeiros e profesionais da restauración galega, como Marcelo Tejedor, Pepe Solla, Héctor López ou Luis Veira, entre outros. O programa incluirá tamén a realización de catas de viños galegos, augardentes e licores, de queixos ou aceites, talleres de cociña ou tertulias de debate sobre os produtos e gastronomía galega.

Artigos relacionados

Back to top button