EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños de Monterrei, no XIII Concurso de Tapas Picadillo na Coruña

Unha das categorías do certame, que se desenvolve en 22 establecementos da cidade, está dedicada ás maridaxes con viños desta D.O. ourensá
Membros do xurado do XIII Concurso de Tapas Picadillo da Coruña./ Foto cedida.
Membros do xurado do XIII Concurso de Tapas Picadillo da Coruña./ Foto cedida.

Ata o vindeiro 2 de outubro desenvolverase en 22 establecementos da cidade da Coruña o XIII Concurso de Tapas Picadillo, que promove Turismo da Coruña. Unha das categorías deste certame adícase cada ano ás maridaxes e, nesta ocasión, o concurso vai distinguir a aquelas tapas que mellor mariden con viños da Denominación de Orixe Monterrei. O apartado leva por título “Armonías con viños D.O. Monterrei” e nel participan un total de 17 viños desta zona ourensá.

O xurado do certame, baixo a dirección, delegada por José Antonio da Silva Rodríguez, presidente do CRDO Monterrei, en Luis Paadín (director da Guía de Viños de Galicia), percorría o 27 de setembro os 20 locais que entran na categoría de maridaxes. O xurado certificaba a “boa liña das maridaxes elixidas así como a calidade dos viños, tanto brancos coma tintos, participantes nas distintas propostas”.

Ademais de Paadín, o xurado estivo integrado por Marta Fernández (directora Centro Superior Hostelería de Galicia-licenciada en enología por la Universidade da Rioxa), Juan Carlos Liste (monitor de servizo na Escola de Hostalería Álvaro Cunqueiro- membro da Asociación Sumilleres Gallaecia), Beatriz Collazo (profesora de Servizo no IES As Pontes – Sumilleres Gallaecia), José Dopazo (sumiller de Makro Galicia), Alejandro López Facorro (sumiller rest. Alborada – secretario da asociación Sumilleres Gallaecia), Natalia Cid (sumiller, propietaria de viñoteca Montecarlo e membro da Asociación Sumilleres Gallaecia), Federico G. Poncet (gastrobloguero “Fedegustando”), Beatriz Abelairas (xornalista gastronómica) e Ana Álvarez Pintos en calidade de secretaria, con voz e sen voto.

Os premios, consisten en visitas de fin de semana a Monterrei, para dúas persoas dos establecementos gañadores, con visitas a bodegas e Lagares Rupestres da Denominación de Orixe así como estancia e aloxamento e catas dirixidas sobres os Viños de Monterrei.

Artigos relacionados

Back to top button