EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima horaViticultura

Os viños de Valdeorras, no roadshow en Ourense das Rutas do Viño de Galicia

Na tarde do 22 de setembro a sumiller Mercedes González dirixía na cidade catas comentadas nun tráiler promocional con marcas das cinco denominacións de orixe galegas

Iniciaba o seu traxecto o 5 de setembro na praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, e tras pasar por Ferrol, A Coruña, Pontevedra e Vigo, o tráiler promocional das Rutas Galegas do Viño (Valdeorras, Ribeiro, Monterrei, Ribeira Sacra e Rías Baixas) chegaba o 22 de setembro á cidade de Ourense. Esta iniciativa, que mañá se desprazará a Lugo, inclúe catas de viños, accións informativas e tamén actuacións musicais.

Nesta campaña está tendo tamén protagonismo a Ruta do Viño de Valdeorras, que está presente en toda as actividades da promoción. “Polas mañás os viños premios Acio de Ouro das Catas do Viño de Galicia 2017, Godeval godello e D’Berna mencía, estarán nos ágapes que se ofrezan ás autoridades de cada localidade. Nesta ocasión levarán a etiqueta do Consello Regulador D.O. Valdeorras para representar á denominación”, segundo informan dende a Ruta do Viño de Valdeorras.

Ademais, durante as tardes estanse realizando catas comentadas pola sumiller Mercedes González con varias marcas de viños das cinco rutas. No caso de Valdeorras as marcas presentes serán A Coroa godello 2016, O Casal godello 2016, O Cepado godello 2016, Alán de Val Castes Nobres 2014, Virxe de Galir Rosa Rivero mencía crianza 2015 e Joaquín Rebolledo mencía 2016.

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button