EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños ourensáns, na feira ProWein en Alemaña

Participan adegas Ribeiro, xunto con representantes desta D.O, así como das de Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra
O director do Igape, Javier Aguilera, con representantes das denominacións galegas en ProWein.
O director do Igape, Javier Aguilera, con representantes das denominacións galegas en ProWein.

Dar a coñecer no mercado alemán os viños galegos así como incrementar as vendas daquelas adegas ou denominacións que xa comercializan os seus produtos neste país. Con este obxectivo participan adegas e consellos reguladores galegos na feira internacional ProWein, que se desenvolve do 13 ao 15 deste mes en Düsseldorf (Alemaña). Contan cun espazo expositivo de 200 metros cadrados no pavillón do ICEX, que visitaba o 14 de marzo o director do Igape, Javier Aguilera, para reforzar a presenza da delegación galega.

No salón, cumpre dezasete edicións, teñen presenza un total de 44 adegas de Rías Baixas e do Ribeiro, xunto con representantes das DO de Rías Baixas, Ribeiro, Monterrei, Valdeorras e Ribeira Sacra. Durante a súa visita, Aguilera resaltaba a calidade dos viños galegos para conquistar aos consumidores máis esixentes e para seren abandeirados da marca Galicia –entre as empresas participantes hai varias certificadas por Galicia Calidade–, na procura de novos clientes para os produtos agroalimentarios galegos. As exportacións dos viños galegos a todo o mundo ascenderon a 42,3 millóns de euros en 2015, rexistrando un incremento do 6,3% sobre o ano anterior.

Na pasada edición ProWein reunía a preto de 6.000 expositores e recibía máis de 52.000 profesionais e importadores deste sector procedentes de 50 países de todo o mundo.

Artigos relacionados

Back to top button