EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

Os viños valdeorreses, na London Wine

Valdeorras é unha das 25 denominacións de orixe españolas que acuden a esta feira internacional que se celebra en Londres
O presidente da D.O. Valdeorras, Francisco García, no stan desta denominación na London Wine.
O presidente da D.O. Valdeorras, Francisco García, no stan desta denominación na London Wine.

Cun stand propio no Pavillón España está a participar a Denominación de Orixe Valdeorras na London Wine Fair, considerado un dos foros máis relevantes do eido do viño dentro ámbito europeo. É unha das 25 denominacións de orixe españolas presente neste certame que se desenvolverá ata o vindeiro 5 de maio en Londres.

Dentro do espazo expositivo de Valdeorras, dez bodegas con presenza na zona darán a coñecer as súas referencias. Trátase de Roandi, Melillas, Valdesil, D’Berna, Joaquín Rebolledo, Eladio Santalla, Santa Marta, A Coroa, Carballal e Viña Costeira.

Coa asistencia a esta feira, a D.O. Valdeorras busca “abrir novas posibilidades de exportación para os brancos e tintos da zona” e tamén “favorecer a súa visibilidade”, tal e como sinala o seu presidente, Francisco García. Precisamente, a intensificación das accións de promoción dos viños de Valdeorras é un dos retos que se marca na súa presidencia.

Artigos relacionados

Back to top button