DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os xuvenís do C.D. Barco seguen imparables, tamén na Copa Deputación

Os campións de liga vencían por 3 goles a 1 ao Pabellón C.F. no Campiño de Viloira

A tempada 2016/2017 está sendo inmellorable para o equipo xuvenil do Centro de Deportes Barco. Despois de gañar a liga, conseguindo o ascenso a galega cun mes de antelación, os rapaces de Ricardo Prada veñen de comezar o campionato da Copa Deputación, e tamén nesta ocasión están imparables.

O primeiro gol do partido disputado no Campiño de Viloira contra o Pabellón C.F. na tarde do 18 de marzo, marcábao Martín en propia meta, encetando o marcador para os do Barco. Xa na segunda metade do encontro, Brais aumentaba a diferencia dos locais co 2º gol da tarde no minuto 63 e pouco máis tarde Pedro transformaba un penalti favorable ao Pabellón. Con todo, o partido quedaba sentenciado co terceiro gol local da man de Pablo no minuto 80.

Co 3-1 final, o C.D. Barco lidera a clasificación. O seguinte partido será o 25 de marzo en Riabadavia.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button