DeportesGalerías de fotosÚltima hora

As ourensás, entre as grandes da natación sincronizada de España

O Sincro Ourense foi 5º na clasificación por clubs, no campionato xuvenil celebrado en Alicante

Un total de 97 nadadoras de 27 clubes de toda España, participaban no campionato de España xuvenil de verán Trofeo Asisa de natación sincronizada celebrado a comezos de xullo na piscina Mont Tossal de Alicante .

Á cita nacional o club Sincro Ourense acudía co su equipo xuvenil, formado por Elena Moyano, Lara Doval, Laura Bernardo, María Cid, Paula Vilariño, Xiana Otero, Marta Vilariño e Gisele Cazás, acompañadas pola adestradora Elvira López, que participaron en todas as modalidades disputadas: figuras indivisuais, só, dúo, equipo e combo.

Na competición global de figuras as nadadoras ourensás acadaron a 5ª posición, e a nivel individual destacou o posto 40º de Lara Doval e o 43º de Laura Bernardo. “O resto de nadadoras ocuparon na súa maioría posicións na primeira metade da clasificación”, aseguran dende o club.

Na competición de sós Lara Doval ocupou o posto 18º, mentres que na eliminatoria de dúos, Lara Doval e Laura Bernardo finalizaron no 13º, o que lles permitiu acceder á final como preswimmers.

Na final de rutinas libres de equipo, o Sincro Ourense finalizou 4º, sendo tamén cuarto na final de rutinas libres combinadas. E xa na clasificiación global por clubs o Ourense finalizou quinto dos 27 participantes.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button