OurenseÚltima hora

Ourense acolle un congreso internacional sobre os educadores sociais

A cita, prevista para os días 30 de setembro e 1 de outubro, analizará este tipo de profesionais no contexto escolar
Dende a esquerda, Manuel Doval, Alberto Fernández, Rosendo Fernández, Valeria Aroeira e Xosé Manuel Cid.
Dende a esquerda, Manuel Doval, Alberto Fernández, Rosendo Fernández, Valeria Aroeira e Xosé Manuel Cid.

A cidade de Ourense acollerá a partires de mañá e até o sábado un congreso internacional para analizar a figura do educador social no contexto escolar. Durante esas dúas xornadas, os profesionais que participen neste evento estudarán de preto a realidade do noso país e doutros territorios da península, así como a situación noutros países, á par que farán visible o labor desta figura. As previsións falan de máis de 150 persoas xa inscritas.

O Pazo Provincial acolleu a presentación do evento esta mañá, un acto que contou coa participación do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval, o educador social, Alberto Fernández, o vicedecano de Educación Social da Facltade de ciencias de Educación de Ourense, Xosé Manuel Cid, e a presidenta da Asociaçao dos Educadores e Educadoras Sociais do Estado de Sao Paulo (Brasil), Valeria Aroeira.

“Ourense é unha provincia onde educación e cultura é un binomio inseparable”, afirmou o vicepresidente do goberno provincial, que lembrou que a Deputación “é a única que ten unha Escola de Artes e Oficios”. Pola sua banda, o educador social, Alberto Fernández, apuntou á “demanda que hai”, como xérmolo desta iniciativa, que xa tivo, segundo lembrou, os seus antecedentes en dúas ocasións con xornadas especializadas “fai dez anos”.

 

Artigos relacionados

Back to top button