EconomíaEconomíaÚltima hora

Ourense, embaixador do Día de Galicia na 50 edición da feira AGRO en Braga

Expourense contou cun posto na feira no que promoveu os seus diferentes eventos relacionados co sector primario e co turismo, como o salón gastronómico Xantar
Tras a inauguración, houbo unha degustación de produtos galegos.

Ourense tomou protagonismo hoxe na 50ª edición de AGRO, a Feria Internacional de Agricultura, Gando e Alimentación, que se celebra dende hoxe e ata o vindeiro domingo na localidade portuguesa de Braga. Este alón celebrou nesta xornada inaugural o Día adicado a Galicia, no que Ourense tomóu o papel de representante. Como embaixadores, o acto contou coa delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz Mouteira, co vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense e presidente do INORDE, Rosendo Fernández Fernández (ambos os dous membros do Padroado da Fundación), co director xerente de Expourense, Alejandro Rubín.

O encargado de presidir este acto oficial de inauguración foi Ministro de Agricultura de Portugal, Luis Capoulas Santos, e incluíu ademais a intervención da delegada territorial da Xunta de Galicia que destacou a importancia das relacións de cooperación transfronteiriza entre Ourense e o Norte de Portugal. Participaron ademais o presidente da Cámara Municipal de Braga, Ricardo Rio, e o presidente de Invest Braga, a entidade propietaria do Parque de Exposicións de Braga e promotora de AGRO, Carlos Oliveira.

Durante o percorrido inaugural, a comitiva embaixadora detívose no stand de Expourense onde o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, fíxolle entrega ao presidente da Invest Braga, dunha placa conmemorativa e felicitou á organización por este 50 aniversario dunha cita “que desenvolve un relevante papel de promoción e divulgación dos produtos e que serve de punto de encontro das empresas agroalimentarias de todo Portugal (e tamén algunhas galega) recibindo máis de 100.000 visitas en catro días”, dixo.

No acto inaugural interviñeron varias personalidades de Ourense e Portugal.

En virtude dos convenios de cooperación transfronteiriza que Expourense mantén con distintas entidades do Norte de Portugal, entre as que se atopa o Parque de Exposiçoes de Braga, o recinto feiral ourensán conta cun stand dende o que está a promocionar as súas vindeiras citas vencelladas ó sector primario e ó turismo e nas que o mercado portugués xoga un importante papel. Ambas as dúas entidades, din dende Expourense, colaboran para garantir a promoción dos seus recursos de ambos que están vencellados co termalismo, a gastronomía ou o viño, potencialidades que comparten as dúas áreas da Eurorrexión.

Durante a visita da comitiva inaugural ó stand de Expourense, ofreceuse unha degustación de produtos galegos de empresas colaboradoras da como é o caso das Denominacións de Orixe Ribeiro e Monterrei ou de Aceites Abril. Tamén se fixo promoción de dos produtos de calidade de Galicia recoñecidos con D.O. ou I.X.P. e dos viños premiados nas distintas catas oficiais organizadas pola Xunta de Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button