En portada

Ourense, escenario do Salón Gastronómico dos Produtos de Excelencia da Eurorrexión

Esta mostra, que se celebrará o 17 e 18 de outubro, contará con 21 produtores, boa parte deles valdeorreses
Cartaz do salón./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Cartaz do salón./ Foto: Ángeles Rodríguez.

“Comezamos no Barco, pero agora ímonos expandindo e e pensamos que un bo sitio para facelo era a capital da provincia, Ourense”. O alcalde do Barco, Alfredo García, explicaba desta maneira a iniciativa de celebrar unha edición do Salón Gastronómico dos Produtos de Excelencia da Eurorrexión en Ourense. Este certame está programado para a fin de semana do 17 e 18 de outubro e a súa carpa instalarase na praza de Pontevedra (Alameda), no centro da cidade. A súa finalidade principal é a de promocionar os produtos que se elaboran baixo a marca “Excelencia” e que actualmente son un total de 43. Entre eles hai viños, mel, aceite, embutidos, doces…

“É unha das feiras incluídas no calendario do Centro de Productos Tradicionales (CPT). Neste ano marcámonos o obxectivo de organizar dúas. A primeira celebrouse no Barco (en agosto) e agora imos realizar a segunda”, sinalaba Irene Dacal, concelleira de Promoción Económica, Turismo, Comercio e Consumo.

Irene Dacal, concelleira de Promoción Económica, Turismo, Comercio e Consumo./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Irene Dacal, concelleira de Promoción Económica, Turismo, Comercio e Consumo./ Foto: Ángeles Rodríguez.

No salón poderán atoparse ata 21 produtos diferentes e boa parte deles elaborados por empresas valdeorresas. Ente ese abano de produtos sobresae o viño. Así poderá degustarse e mercarse as marcas de ata 10 adegas, unha delas portuguesa: Alán de Val, Adega Cooperativa Xesús Nazareno, B. Cunqueiro, Ladeira da Mata, Godeval, Roandi, Mondelo, Virxe de Galir, Santa Marta, Adega Cooperativa de Valpaços.

Participarán ademais tres empresas de repostería (Pastelaría Biquinho Doce, Bicas de Trives e Torta de Sarria), dúas de queixos (as Queixerías As Almendreiras e Santo André), unha de embutidos (Embutidos Vega Vizcaya), unha de mel (Mel do Castro), unha de aceite (Aceiroga) e tres de produtos do campo (Terra de Baronceli, Caurelor e Posada Marrón Glacé).

A inauguración deste Salón Gastronómico dos Produtos de Excelencia da Eurorrexión en Ourensea terá lugar o día 17 a las 12h. O recinto feiral terá un horario de apertura de 11h. a 14h e de 17h. a 21h. durante os dous días. O programa incluirá ademais unha cata cunha escolma dos viños participantes que será dirixida pola sumiller Mercedes González.

“Esta mostra é o final deste proxecto que remata el 31 de octubre oficialmente, estamos traballando nun novo proxecto, con novos socios, porque neste caso vai entrar Bragança por parte portuguesa cun proxecto semellante ao noso, e tamén Chaves-Verín cunha iniciativa de produtos agrarios pero máis enfocado a produtos ecolóxicos”, matizaba o rexedor barquense, Alfredo García.

O alcalde do Barco e a concelleira de Turismo, na rolda de prensa da presentación do Salón Gastronómico./ Foto: Ángeles Rodríguez.
O alcalde do Barco e a concelleira de Turismo, na rolda de prensa da presentación do Salón Gastronómico./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button