Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Ourense maniféstase contra a lacra dos incendios

“Lume nunca máis, o noso monte importe”. Era o lema da pancarta que abría a manifestación que na tarde do 21 de setembro saída dende o pavillón dos Remedios de Ourense e percorría a cidade en defensa do monte galego e contra a lacra dos lumes. Ao termo do traxecto líase un manifesto no que se sinalaba que “estamos tristes e doídos polo acontecido nestes días, nestes meses, nestes anos… tristes pola situación que se repite por enésima vez, pola deixadez por parte dos gobernantes, pola falta de reacción, pola ocultación manifesta da realidade”

Asemade facíase referencia ás perdas económicas, ecolóxicas e sociais que os lumes producen e enumerábase unha longa listaxe de zonas ourensáns afectadas polos lumes neste verán: Entrimo, Muíños, Oímbra, Oseira, Val de Monterrei, Boborás, a Sera do Xurés, o Macizo Central, San Mamede, Ribeira Sacra, Trevincas, Castro Leboreiro, Xironda, Serra do Larouco, Lobeira…

Entre os asistentes a esta manifestación, que concluía na praza Maior ourensá, estaba o número dous por En Marea, Davide Rodríguez, bombeiro forestal de profesión.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button