PolíticaÚltima hora

Pachi Vázquez renuncia ao seu escano no Parlamento galego

O deputado socialista anunciábao en rolda de prensa e explicaba que se trata dunha “decisión persoal baseada na coherencia como principal motor”
O deputado Pachi Vázquez, nunha intervención no Parlamento.
O deputado Pachi Vázquez, nunha intervención no Parlamento.

O deputado ourensán do PSdeG-PSOE Pachi Vázquez anunciaba na mañá do 4 de maio en rolda de prensa a súa renuncia ao escano no Parlamento de Galicia para “deixar de ser aforado e pasar a ser un cidadán de a pé”. Segundo explicaba, trátase dunha “decisión persoal baseada na coherencia como principal motor” e afrontar o proceso aberto polo TSXG “sen agocharme detrás do Parlamento nin das siglas do meu partido”.

Tamén destacaba que materializa a súa renuncia para que “non quede a mais mínima dúbida sobre o meu comportamento ético nin antes nin agora” e para que o proceso “non interfira nas institucións nin no meu partido”. Asemade adiantaba que “defenderei a miña honorabilidade como un cidadán mais” e amosábase “convencido da miña inocencia porque sempre actuei de acordo coa legalidade”.

Pachi Vázquez acudía a esta rolda de prensa con 2.900 folios de documentación relativa aos 36 contratos da súa etapa como alcalde de O Carballiño que “logo de que o Concello negara que existían, despois llelos remitiu ao TSXG e agora fanmos chegar a min”. Tamén confirmaba que se reincorporará á súa praza como médico da Consellería de Sanidade e que continuará militando no PSdeG-PSOE.

Artigos relacionados

Back to top button