OurenseÚltima hora

Paintball, coaching e comunicación para promover o emprendemento xuvenil

Estas son as catro propostas de obradoiros que o Concello de Ourense propón para axudar a desenvolver as capacidades da mocidadé ourensá
Os obradoiros buscan a desenvolver os coñecementos dos mozos. 

Motivación para alcanzar as metas persoais, Comunicación para o éxito, Coaching para coñecerte mellor e Teambuilding con Paintball son a oferta que a área de Xuventude do Concello de Ourense quere desenvolver para facer medrar o potencial da mocidade ourensá e axudarlles a atopar os seus recursos, “os que teñen menos desenvolvidos e mesmo os que descoñecen”, dixo a concelleira de Xuventude, Sofía Godoy, na presentación de hoxe, 19 de xuño. Eses catro obradoiros conxugan diversión e medio ambiente e están pensados para maiores de 16 anos, as inscricións, gratuítas, serán no correo electrónico xuventude@ourense.es ou nas dependencias de Xuventude (praza de San Martiño 2 baixo ou no 988 388 154), serán por rigoroso orde de entrada, informaron dende o Concello.

Sofía Godo, animou á mocidade a apuntarse nestes obradoiros porque servirán “para sacar o mellor deles mesmos, pero tamén para pasar unhas xornadas moi divertidas”, dixo.

O Calendario de obradoiros arrancará polo de “Motivación para medrar e acadar as túas metas”, o venres 30 de xuño Botánico de Montealegre. O obxectivo xeral deste obradoiro é axudar aos participantes a aumentar o seu nivel de motivación e de autoestima que lles permitan mellorar a súa empregabilidade e facilite a súa inserción no mercado laboral.

Ese mesmo día tamén dará comezo o de “Comunicación para o éxito” Tamén no Botánico de Montealegre. A intención deste obradoiro é mellorar a comunicación para lograr transmitir a mensaxe de forma eficaz.

O venres 21 de xullo será o de “Coaching para coñecerte e mellorar”. O obradoiro realizarase no Castro de Santomé e ensinará aos asistentes a como mellorar o seu proxecto como emprendedores a través do coaching.

Finalmente, o sábado 19 de agosto, é a quenda do “Teambuilding con Paintball” no Lakatos Paintball de Seixalbo. Obxectivo xeral: Mellorar a capacidade de traballo en equipo dos participantes, dotándoos de ferramentas que lle permitan alcanzar unha elevada eficiencia nun ambiente laboral satisfactorio.

 

Artigos relacionados

Back to top button