CulturaCulturaÚltima hora

Para facer o Camiño de Inverno a pé ou en bicicleta

Preséntase a 2ª edición da guía do Camiño de Santiago de Ponferrada a Santiago por Valdeorras e A Ribeira Sacra
Asistentes á presentación da guía na Librería Murciego do Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.
Asistentes á presentación da guía na Librería Murciego do Barco. /Foto: Carlos G. Hervella.

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras vén de presentar a segunda edición da “Guía do Camiño de Inverno, de Ponferrada a Santiago por Valdeorras y La Ribeira Sacra”, a pé e en bicicleta, correxida e ampliada.

Os textos da guía son de José D. Rúa Pérez e a maquetación desta nova edición, de Asun Adá e a presentación tiña lugar na librería Murciego do Barco de Valdeorras por parte da presidenta da asociación Asunción Arias.

A presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras, Asunción Arias./ Foto: Carlos G. Hervella.
A presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago por Valdeorras, Asunción Arias./ Foto: Carlos G. Hervella.

No acto, Asunción asegurou que “o Camiño somos todos e entre todos temos que dalo a coñecer” explicando que entre as melloras que podemos observar nesta segunda edición da guía, editada por A Pena d’agua, están os mapas moito máis completos e detallistas (que se len en vertical de abaixo a arriba), contando asemade con máis lugares de servizo para os peregrinos, ampla e importante información para aqueles que o fagan en bicicleta (talleres, servizo de taxi, buses, hostais e hoteis…). Tamén pesa menos e está plastificada. “Esta guía leva ao peregrino da man”.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Back to top button