ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Para os amantes do fútbol e dos videoxogos

Doce xogadores no “The urban tournaments” no Barco de Valdeorras

A praza do Concello do Barco acollía na xornada do 2 de setembro o torneo urbano de videoxogos “Fifa 15” de Valdeorras, no que participaron doce xogadores cunha media de idade de 16 anos. Oito pasaron á semifinal e recibiron un vale de 20 euros para gastar nas tendas do Centro Comercial Aberto O Barco. Os catro finalistas, clasificados para a gran final ourensá, recibiron ademais unha camiseta conmemorativa, e o gañador un trofeo.

O vindeiro día 4 celebrarase o torneo no Carballiño, o día 7 en Barrocanes (Ourense) e día 9 en Barbadás. A gran final será o sábado día 12, cando os 32 clasificados dos diferentes torneos veranse as caras no C.C. Ponve Vella de Ourense para facerse con algún dos premios en metálico: 1.000 euros para o primeiro; 650 para o segundo; e 350 para o terceiro.

De cara ao vindeiro ano, a empresa de videoxogos Zona Juegos, organizadora do evento, pretende organizar unha semifinal por provincia coa gran final na Coruña.

Fotos: Ángeles Rodríguez/ Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button