EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

A pasarela Verín de Moda amosa as tendencias para este outono/inverno

Máis de vintecinco establecementos comerciais participaron no desfile organizado por Aever

Da forma máis orixinal posible, cun pase canino, arrancaba a edición 2017 da pasarela Verín de Moda promovida por Aever que tiña lugar na tarde-noite do 23 de setembro no pavillón de Deportes de Verín.

Un total de trece cans de diferentes razas, algúns esperando ser adoptados e outros da man dos seus propios donos, desfilaron pola pasarela grazas á colaboración do Centro Veterinario San Roque, un dos establecementos que participaron este ano no defile que coma sempre contou con nenos da propia vila (seleccionados nun cásting previo), para amosar as tendencias infantís para esta tempada invernal. Unhas propostas que viñeron da man de Píkaros; Kids; Bolboreta; Lunares; e Patricia.

Con respecto á moda para adultos, pola pasarela de Verín desfilaron as propostas de Maxi Diez Verín; Antollos; S & E Boutique; Opticalia; O Lar da Cortina; Wall Street; La Factoría; Noisiness; Glamour; 17 MC; Kapricho’s; Marta Barcala; Rosy Boutique; Maraxe; Modas San José; e Nicandra. Ademais da moda, no acto tamén participaron outros sectores, da man da Floristería María; Casa del Mueble; Sousas; Horto Verín; e Academia Etcétera, entre outros.

Organizado pola Axencia Luena (con Manuel Varela á cabeza), o desfile foi presentado pola actriz e presentadora María Mera, contando coas actuacións musicais de Mireira (concursante da primeira edición de Operación Triunfo) e do coruñés Dani Royo que presentou varios temas do seu primeiro disco.

Ademais dos membros da asociación de empresarios de Verín representados polo xerente, José Ángel Rodicio, no evento estiveron presentes membros da corporación municipal, entre eles o alcalde de Verín Gerardo Seoane, así como representantes do sector comercio de Ourense e alcaldes de concellos da bisbarra, entre outros.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button