DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Paulo J. Baptista imponse nos Santiños

A sétima edición desta carreira barquense reunía a preto de 200 atletas dunha ducia de categorías

Dende as pistas de Calagueiros (O Barco) arrancaba ao mediodía do 9 de novembro a V Carreira dos Santiños. Case un cento de atletas tomaban a saída na proba dos adultos (xuvenís, junior, absolutos e veteráns A, B, C e D), con sete quilómetros de percorrido. Dende o principio os primeiros corredores impoñían un ritmo intenso e desmarcábanse do resto dos participantes. Nese grupo de cabeza ían Elpidio Gómez (Ourense), Paulo Jorge Baptista (Club Bierzo Fitness Center) e Saturnino González (Veteranos Pabellón Ourense). Entre eles quedarían finalmente os tres primeiros postos, se ben Bautista impoñíase a Elpidio Gómez e convertíase no triunfador da proba.

Na absoluta feminina a vitoria era para Ana García (Adas Proinor), mentres que Grit Hagen (Adas Proinor) facíase co segundo posto e María Jesús Vázquez co terceiro.

Ao redor da unha comezaban as probas das categorías base (infantil, alevín, benxamín e prebenxamín), tamén nas pistas de Calabagueiros e na cita participaban corredores valdeorreses e tamén de zonas próximas como é o caso de Trives.

Este evento deportivo, organizada polo Adas en colaboración coa delegación valdeorresa da FGA e co Concello do Barco, finalizaba en torno ás dúas coa entrega de premios. En total congregaba a preto de 200 participantes.

Fotos: Ángeles Rodríguez/ Carlos G. Hervella
Máis información e fotos na vindeira edición do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button