Peche da Xunta de Persoal no despacho do xerente do hospital valdeorrés

Pedían unha reunión presencial coa xerencia de xestión integrada ourensá que, finalmente, terá lugar o día 23 de febreiro

Tan só uns minutos duraba o peche que a Xunta de Persoal do Hospital Comarcal Valdeorras mantiña no despacho do xerente deste centro na mañá do 17 de febreiro. Con esta medida de presión buscaban manter unha reunión presencial cos responsables da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense e non por videoconferencia, que era como estaba prevista para esa mañá. Pouco despois, recibían a resposta da xerencia ourensá que os convocaba a unha reunión presencial no hospital o vindeiro 23 de febreiro.

“Ocupamos o despacho da xerencia para protestar pola desconsideración da dirección da EOXI que se nega a reunirse persoalmente con nós. Nós pedimos reunións para problemas específicos como é o tema de persoal, xa que temos dúbidas sobre cómo se están facendo as contratacións. Pensamos que é necesario deseñar un protocolo ou chegar a acordos para asegurar que se fagan de forma correcta”, comenta Suso Vilasánchez dende a Xunta de Persoal do hospital valdeorrés.

Dende a Xerencia de Xestión Integrada ourensá argumentábase que as reunións por videoconferencia son unha dinámica habitual tanto nos hospitais como a nivel de consellería xa que permiten aforrar tempo e custes, ao evitar os desprazamentos. “Estaban avisados que esta xuntanza ía ser por videoconferencia e tan só había un único punto na orde do día, que era o dos chamamentos de contratación temporal”, tal e como se indicaba dende a EOXI. Finalmente, esta xuntanza terá lugar dentro duns días e será presencial.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies