CulturaCulturaÚltima hora

Percorrendo a historia de Trives da man do teatro

Na noite do 18 de agosto tiña lugar unha ruta nocturna recreando o pasado da vila

Menos deportiva e máis cultural e histórica. Así era a ruta teatralizada que se desenvolvía, cun notable éxito de participación, na noite do 18 de agosto en Trives. O punto de partida era o Centro de Santa Leonor, pero despois os guías conducían aos participantes ata a praza do Reloxo. A partir de aí a historia da localidade ía cobrando vida da man de diversos personaxes. Despois pasábase á antiga capela de San Bartolomé, á praza do Pilón, á casa do Marqués ou á praza do Grifo, onde a duquesa de Alba recibía aos camiñantes.

O traxecto, no que tamén se pasaba polo antigo casino, concluía en Santa Leonor onde os guías descubrían a súa identidade: eran Eumenio Ancochea e a súa nai, Leonor. Tampouco faltaban nesta andaina histórica un grupo de música tradicional, que representaba aos Trintas. Máis de 150 persoas desfrutaban desta singular proposta promovida dende o Concello de Trives.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button