SanidadeÚltima hora

O persoal sanitario do CHUO protéxese contra a gripe

No que vai de ano, case 50.000 maiores de 65 anos ourensáns vacináronse, sendo esta a taxa máis alta de Galicia

 

Posto de vacinación situado na entrada do CHUO.

Os profesionais sanitarios do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense acudiron hoxe, 22 de novembro, a vacinarse ao posto instalado polo Servizo de Medicina Preventiva na entrada principal deste centro sanitario, co obxectivo de promover, sinalan dende o CHUO, a dar visibilidade a este sinxelo acto que permite protexer tanto aos profesionais como aos seus pacientes.

Ourense é tradicionalmente a provincia con maior taxa de vacinación entre os maiores de 65 anos, concretamente 47.457; pobación á que se dirixe especialmente esta campaña, pero estes resultaron non seres tan elevados entre os profesionais sanitarios, outro dos grupos diana esenciais, polo que dende o Servizo de Medicina Preventiva desenvólvense, ao longo da campaña, distintas iniciativas para incrementar o número de persoal vacinado.

Berta Uriel, xefa do Servizo de Medicina Preventiva do CHOU, dixo que a vacinación fronte a gripe é esencial, xa que “como sanitarios, debemos protexernos fronte á enfermidade, tamén pra evitar a prpagación do virus entre os nosos pacientes ou familiares, especialmente se teñen factores de risco de complicacións por gripe”. Asemade, salientou que é unha das vacinas máis segura, xa que leva máis de 60 anos de traxectoria, protexendo a millóns de persoas sen producir efectos secundarios, polo que é imprescindible que, con todos os beneficios que ten, alguén deixe de vacinarse.

Hai que ter en conta que a gripe non sempre é unha enfermidade leve, dándose formas graves da enfermidade por complicacións pulmonares, ou agudizando problemas crónicos. De feito, en Galicia morren cada ano máis persoas como consecuencia da gripe, durante a onda epidémica, que por accidentes de tráfico. No CHUO, só durante a pasada tempada houbo 115 pacientes ingresados con gripe confirmada, deles, 15 requeriron ingreso en UCI.

Por todo o elo, o Servizo de Medicina Preventiva anima a tódolos profesionais sanitarios, ao igual que aos coidadores familiares, ou de residencias sociosanitarias, a vacinarse, non só para protexerse eles, mantendo a súa actividade esencial, especialmente en períodos de epidemia, senón tamén, como medio para diminuír os casos de gripe e as complicacións graves e mortes derivadas, en grupos de risco.

Existe evidencia científica de que a vacinación antigripal do persoal sanitario reduce nun 29% a mortalidade e, nun 49%, os casos de gripe entre pacientes de centros sanitarios.

Artigos relacionados

Back to top button