EntrevistasÚltima hora

“A pesar da prealerta de sequía, o abastecemento está garantido ás poboacións”

Fernando Marín. // Foto: Carlos G. Hervella.

A provincia de Ourense está en prealerta por sequía, as precipitacións irregulares fixeron que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil puxese en marcha o protocolo de sequías. No acto de celebración do Internacional da Auga, no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense, o presidente da Confederación Hidrográfica, Francisco Marín, salientou a importancia de coidar os recursos hídricos da provincia e de dalos a coñecer. Asemade, neste día quixo transmitir tres mensaxes: A auga é de todos, salientar a trata de augas residuais e que a xente se concience e que non tire desfeitos como chicles ou aceites e incentivar á reducción do consumo para que esta prealerta poida ser máis levadeira.

-Como cualifica o presidente o ano hidrolóxico 2015-2016? 

O ano hidrolóxico foi un ano no que choveu máis da media, concretamente un 20%. Pero o problema é que foron precipitacións moi concentradas en cinco meses. Deste xeito este ano estamos nun 50% por debaixo da media en precipitacións. Esperemos que choiva na primavera, e poidamos levantar esas cifras. Pero o que si temos que acostumarnos é que o cambio climático vai convivir cada vez máis con estes fenómenos estranos. Períodos de seca de escasa choiva, de moitos meses; e tamén períodos de intensas precipitacións e moi concentrados. Isto veuse, por exemplo, no Mediterráneo estes últimos días. Ao meu modo de ver, e segundo din os expertos, temos que acostumarnos a este tipo de fenómenos meteorolóxicos extremos.

Estamos en prealerta por sequía en Ourense. Estas alertas por chuvia e neve destes días farán que a cousa vaia un pouco mellor?

Si, indudablemente todos esperamos, como di o refrán, o auga de maio. E o mellor xeito de chover é precisamente así, con neve. Porque as intensas precipitacións en pouco espazo de tempo producen danos. Dende o punto de vista hidrolóxico o que nos gusta é que choiva, pero non con intensidade, senón que vaia sucesiva no tempo.

– Esta prealerta por sequía traerá consigo restriccións de auga aos ourensáns? 

Non, a prealerta é unha situación que está recollido no protocolo da sequía, pero o abastecemento de poboacións, que toman augas de ríos regulares ou encoros está totalmente garantida.

 

Artigos relacionados

Back to top button