DeportesGalerías de fotos

VII marcha BTT polas rúas e camiños de Petín

Uns 70 ciclistas participaron nesta actividade deportiva previa ás festas de Santiago e Santa Ana

Pasadas as nove e media do domingo 19 de xullo, uns 70 ciclistas (da comarca, de Vigo ou Monforte, entre outros lugares) tomaban a saída na 7ª marcha BTT de Petín. Unha actividade deportiva incluída na programación das festas de Santiago Apóstolo e Santa Ana, con saída e meta na praza Doutor Quiroga. Entre medias, e tras completar o percorrido polo centro da vila, preto de 50 quilómetros por estradas e camiños ao logo de todo o termo municipal de Petín, contando con tres avituallamentos (dous de líquidos e un se líquidos e sólidos).

A marcha, organizada pola Asociación Cultural Fonte Grande, en colaboración co Concello de Petín, remataba cun xantar no teleclub.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button