Galerías de fotosÚltima hora

Petín e A Rúa Vella vístense de cor para celebrar o Corpus

Seguindo a tradición, as parroquias de Petín e Santo Estevo (A Rúa Vella) tamén engalanaron hoxe as súas rúas para celebrar o Corpus Christi. A prazas do Doutor Quiroga e A Veiguiña, son os lugares nos que os veciños colocaron os altares e as fermosas alfombras florais, polas que pasará a procesión.

No caso de Santo Estevo, son varias os mantos elaboradas con ramas de abetos cortadas moi menudiñas e sal tinguida, os que adornan cada ano o paso da procesión do Santísimo. Os motivos de decoración son moi variados aínda que este ano a Virxe de Fátima ten o seu protagonismo en todas ao celebrarse o centenario das aparicións en Portugal. Os veciños traballaron dende o amencer para que luciran en todo o seu esplendor.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button