ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Petín pecha as festas de Santiago e Santa Ana

A orquestra Venezia actuará en sesión de tarde e verbena poñendo o broche ao programa deste ano

Os veciños de Petín poñen hoxe o broche ás festas na honra ao Apóstolo Santiago e Santa Ana. Despois de tres días de música para todos os públicos e idades, de actividades deportivas e cultos (procesión e misa o 25 e o 26 de xullo), a orquestra Venezia pon hoxe o broche de puro ao programa, coa actuación en sesión de tarde e verbena.

Na galería de imaxes podemos ver diferentes momentos do luns 25 de xullo, festivo en toda Galicia, dende a procesión do Apóstolo ata a actuación do coro parroquial durante a eucaristía, pasando polo dj Suso, ex membro do grupo Los Ovnis, que actúa todas as noites despois da orquestra no Bar O Pitón.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button